Concurso de debuxo polas Letras Galegas en Ribadavia

O Concello tamén anima a participar na celebración aos adultos con aportacións de videos culturais

n n n A Concellería de Cultura de Ribadavia organiza un Concurso de Debuxo Infantil con motivo da celebración das Letras Galegas. Poderán participar escolares de Educación Infantil e Primaria, que deberán remitir o seu debuxo por whatssap ao número 698169550. O prazo para participar no certame remata mañá, 16 de maio. Os traballos publicaranse no álbum LetrasGalegasRibadavia, en Facebook.

A Concellería de Cultura establece como requisitos que a temática do debuxo deberá estar relacionada co Día das Letras Galegas e co autor ao que se lle dedica esta nova edición, que é Ricardo Carballo Calero.

Un xurado decidirá os tres debuxos gañadores, que estarán dotados no caso do primeiro seleccionado con 30 euros e os dous accésits restantes con 15 euros cada un. Os premios non serán en metálico senón en vales para comprar en calquera establecemento comercial de Ribadavia. A concelleira de Cultura, Yolanda Gómez, anima aos escolares a participar neste concurso, xa que aínda dispoñen de tempo ata mañá para presentar os seus debuxos.

Por outra banda, apunta a concelleira que ademais desta actividade dirixida aos nenos, tamén están recollendo colaboracións de distintas persoas que aportan videos con lecturas ou recitais e que se poderán ver o Día das Letras Galegas nas redes sociais do Concello de Ribadavia.

Dada a situación actual de crise sanitaria pola que non se poden celebrar actos culturais con público, la Concellería de Cultura de Ribadavia oportou por organizar estas iniciativas nas que destaca a participación dos escolares, por un lado, e por outro a dos cidadáns que poden facer aportacións relacionadas coa celebración das Letras Galegas dedicadas a Ricardo Carballo Calero.

Te puede interesar