Continúa a incertidume na Bola a espera dun inminente desaloxo

ma_2018_09_25_1372S
photo_camera Hoxe podería ter lugar a saída dos residentes do asilo.

Despois dos momentos de tensión vividos o luns, continúa o malestar entre ámbolos dous bandos, que conviven no interior da residencia de maiores.

Por terceiro día consecutivo, o núcleo de Podentes, na Bola, amenceu agardando por unha decisión burocrática que permita resolver o conflicto entre o Concello e a empresa concesionaria, Carbatari, a raíz da titularidade do centro de maiores. Os traballadores municipais seguiron durante toda a xornada de onte pendentes dunha orde da Subdelegación do Goberno que permita executar a sentencia do Xulgado do Contencioso Administrativo do pasado 6 de xullo que lle outorgaba o dereito a desaloxar á empresa.

Despois dos momentos de tensión vividos o luns, continúa o malestar entre ámbolos dous bandos, que conviven no interior da residencia de maiores. Ó mesmo tempo, agardan a que o xulgado de Celanova se pronuncie sobre a denuncia presentada por Carbatari ante o que consideran unha falta de protocolos para facerse cargo do traslado dos maiores a outros centros, tal como prevé o goberno local de xeito temporal mentres se prolonguen as obras de remodelación. Con todo, dende o Concello manteñen a esperanza de que a situación se resolva en todo a xornada de hoxe.

REUNIÓN DO PERSOAL

Paralelamente, os representantes sindicais dos traballadores convocaron ás 9,30 horas de hoxe a toda a plantilla, así como ós familiares dos usuarios da residencia para informalos da situación e decidir as medidas a seguir. Segundo explican, son estes os colectivos "máis perxudicados", posto que se manteñen no medio do conflicto.

Te puede interesar