Formación

O curso de audiovisual reúne a xóvenes de toda Galicia na vila

audiovisual_result
photo_camera Participantes en el curso de audiovisual.

Directores como Ignacio Vilar e actores como Antonio Durán "Morris" pasarán por esta nova edición do curso

 

Dende hai 12 anos Celanova acolle cada mes de xullo o Curso de Medios Audiovisuais (CeMAC), que durante uns días converte á vila en referente do audiovisual galego. Ata o Auditorio Municipal Ilduara chegan cada ano mozos procedentes de toda a xeografía galega para aprender nocas opcións e posibilidades para a súa carreira da man de profesionais destacados no sector, que este ano, ademais, impartirán unha serie de masterclass.
Onte deu comezo a XII edición do curso de verán, que contará con nomes tan destacados coma o dos directores Ignacio Vilar ou actores como Antonio Durán 'Morris', entre moitos outros.


Coñecelos de preto e aprender aquilo que non entra nos programas formativos das aulas é un dos grandes alicientes que move a moitos destes xoves a desprazarse ata Celanova para parcipar no curso.
O habitual nesta iniciativa é que as cadeiras dos espacios, como o auditorio municipal, se enchan con estudiantes pontevedreses, tamén os hai que chegan dende outras ramas do audiovisual, como é o caso de estudiantes de Imaxe e Son da Coruña. Todos eles poñen unha  nota diferente durante estas datas polas rúas da vila de San Rosendo. Con estas misións deu inicio onte a XII edición, que este ano conta coa novidade de diferentes masterclass de montaxe, banda sonora e fotografía.

Te puede interesar