audiovisual

O curso de medios de Celanova pecha con 30 horas formativas

celanova
photo_camera Alumnos participantes tras recoller o seu diploma acreditativo.

O director de Agadic fixo entrega dos diplomas ós 35 participantes

Despois de catro días nos que numerosos expertos do sector se achegaron a Celanova para analizar o futuro do sector en Galicia, o Curso de Medios Audiovisuais (Cemac) clausurou a última xornada coa presencia do director de Agadic, Jacobo Sutil. O representante autonómico acudiu á entrega dos diplomas ós 35 participantes que formaron parte da 16 edición do programa formativo de extensión universitaria. 

Baixo o título "Novas fronteiras do audiovisual galego. Talento, industria e internacionalización", ó longo desta semana pasaron por Celanova, entre outros, os responsables da serie de Movistar+ "Hierro" ou dos filmes "Trote" e "Feedback". Todos eles foron afondando nos aspectos técnicos que rodean unha producción audiovisual e atenderon ás preguntas dos alumnos participantes. 

Foron un total de 30 horas formativas desenvolvidas no auditorio municipal Ilduara que concluíron durante a xornada deste venres coa proxección do traballo "Destapando Casares", realizado dentro do taller "Celanova, plató de ficción", que cada ano reúne a un grupo de alumnos da Facultade de Comunicación Audiovisual de Pontevedra para realizar un proxecto en paralelo ó transcurso do curso de verán. Nesta ocasión, os estudantes rodaron hai algunhas semanas no Campus de Ourense e onte amosaron o seu traballo final, destinado a difundir a figura do escritor Carlos Casares.

Tanto Sutil como o director do curso, Miguel Anxo Fernández, coincidiron en salientar a importancia deste programa de extensión universitaria, que ofrece de primeira man os segredos do sector audiovisual.

Te puede interesar