A comarca de Celanova suma un novo centenario, Eustaquio Pérez
A comarca de Celanova ten dende este sábado un novo centenario. Trátase de Eustaquio Pérez, veciño de Quintela de Leirado, quen celebrou o fito de cumprir cen anos de vida.
Unha data moi especial que o homenaxeado festexou cos seus seres queridos entre os que se atopaba o seu neto, o deputado provincial do PP, Pablo Pérez.