celanova

Exhibicións e concurso para celebrar a XXII Festa do Cabalo

A cita é o vindeiro sábado, 15 de xuño

A Asociación de Cabalistas O Mundil prepárase para celebrar a XXII edición da Festa do Cabalo, que cada ano leva a Nogueiró, en Cartelle, a centos de amantes deste animal, que participan activamente e como espectadores nas competicións e exhibicións contidas no programa festivo. Nesta ocasión, será o vindeiro sábado, día 15, cando comecen os espectáculos. 

Nesta primeira xornada celebrarase o campionato galego de andadura, o concurso "Horses with talent" e, como acto central do día, o tradicional espectáculo de cabalos "Fantasía Ecuestre O Mundil". Xa pola noite, haberá unha cea e baile amenizado por DJ Fidel. O domingo, ademais do xa clásico xantar popular, terán lugar as sesións de marcha técnica, a copa galega de horse-ball (baloncesto a cabalo) e a VII edición da xornada de enganche, puntuable para o campionato galego. As celebracións completaranse cunha exposición agrícola e unha feira artesanal e agrosostible.

Te puede interesar