Celanova

O galeguista Xosé Velo recibe unha homenaxe en Celanova

Celanova

Homenaxe

O galeguista Xosé Velo recibe unha homenaxe en Celanova

Acto de descubrimento do monumento a Xosé Velo, no parque das Triguerizas de Celanova.
photo_cameraActo de descubrimento do monumento a Xosé Velo, no parque das Triguerizas de Celanova.
Un monumento no Parque das Triguerizas lembra a súa personalidade e compromiso político 

Xosé Velo Mosquera foi homenaxeado onte en Celanova nun acto no que a representación institucional correo a cargo do Concello de Celanova e a Fundación Lois Peña Novo, xunto coa Fundación Curros Enríquez, a Deputación provincial de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Un monumento na súa memoria perpetúa a figura de quen formou parte dende moi novo do movemento pioneiro que deu pé nos anos da II República para o xurdimento das mocedades galeguistas, de cuxa federación galega chegou a ser secretario de organización, xunto co seu amigo e conveciño Celso Emilio Ferreiro.

O acto desenolveuse ás 12.30 horas no Parque das Triguerizas, que foi o lugar elixido polo Concello de Celanova para asentar este monumento, moi preto de onde se atopa a rúa que tamén leva o seu nome dende que foi aprobado no ano 1996 pola corporación municipal daquel momento.

A inauguración do monumento contou coa presencia das sobriñas do homenaxeado: María Teresa Estévez, María del Carmen Velo, Olga Velo e Dolores Velo. Tamén o alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez, Antonio Puga, así como co presidente da Fundación Lois Peña Novo, ademais do vicepresidente da Deputación provincial de Ourense, Rosendo Fernández e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García. O grupo de gaitas "O Gaiteiro de Penalta" de Celanova encargouse de amenizar o acto.

Repartiuse entre os asistentes un libro de Antonio Piñeiro e publicado pola Deputación, e no que se relata, a medio camiño entre a realidade e a ficción, a posible fuxida de Pepe Velo cara Portugal, no ano 1948, e a súa chegada a Lisboa, onde lle foi concedido por parte do Consulado venezolano na capital portuguesa, un visado de emerxencia que lle permitiu fuxir cara Caracas.