Segundo o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, a situación económica do Concello é "de superávit"
O Concello de Celanova celebrou onte un pleno de carácter extraordinario no que, entre outras cuestións, abordouse a aprobación da conta xeral do exercicio correspondente ao ano 2015. Segundo o alcalde da localidade José Luis Ferro, a situación económica do Concello é "de superávit".
No pleno tamén deuse conta á corporación da renuncia do concelleiro do BNG, Gonzalo Gómez, "por motivos persoais". O plenario aprobou, coa abstención do grupo municipal nacionalista, unha serie de pautas para traballar dende o concello na liña da eficiencia e do aforro enerxético.
O recoñecemento do réxime de dedicación parcial para Ana Fernández, concelleira de Cultura e Protocolo, foi o punto que xerou mais controversia. O grupo socialista esgrimiu que "dende o Concello de Celanova teñen que aproveitar mellor os recursos dos que dispoñen antes de gastar máis cartos".