NOVA YORK

“John Lennon cenaba tódolos días no noso restaurante”

Servando Cid, durante la ceremonia de nombramiento como miembro de honor del Círculo de la Hispanidad.
photo_camera Servando Cid, durante la ceremonia de nombramiento como miembro de honor del Círculo de la Hispanidad.

Servando Cid, celanovés, cumplirá 70 anos o vindeiro 12 de agosto e vaino facer na terra, onde una vez se retire vai pasar a lo menos catro meses ao ano. 

Marchou a Nova York para dous meses nos anos 70 e xa non volveu. Enxeñeiro químico de profesión a vida en NYC, como a tantos outros galegos, levouno polo camiño da restauración.

Orgulloso pai do gañador dun Grammy, Servando Cid é o dono do Restaurante Marbella. Aí coñeceu a Gil Bernardino, zamorano e fundador do Círculo da Hispanidade. Esta asociación vén de nomealo como membro de honra.

Lembra a data de chegada a NYC?

10 de xaneiro do 70

E que plans tiña?

Ao rematar de estudiar en España, como tiña un irmán aquí invitoume a facer unha visita antes de comezar a traballar. Conseguín os papeis e viñen. Aos 15 días xa quería volver porque nevaba moito, pero meu irmán insistiu e quedei.

E abofé que quedou…

Si, e como tiña visa en vigor púxenme a estudiar inglés. Quedei todo o semestre e o rematar decidín quedar outros seis meses para revalidar a carreira que tiña de España. Nun ano e medio rematei a Enxenería Química no Pratt Institute. Amáis nese momento foi cando coñecín á que agora é miña muller así que…

Como xurdiu a idea do Restaurante Marbella?

Non estaba na miña cabeza un negocio coma este no comenzo. Cando empecei buscar traballo o meu currículum era moi bo pero tiña dificultade co inglés. Así que primero xurdiu a idea de ir a Venezuela, á petroquímica, pero antes de facer esa viaxe convertinme no administrador do restaurante que acababa de abrir o meu sogro na 72, chamábase O Lar e aí empezou todo…

En que ano?

Estamos no 73. Aí foi onde eu coñecín a toda xente da farándula neoyorkina. John Lennon vivía no edifcio da esquina, no Dakota, e ou cenaba tódolos días no restaurante ou había que levarlle a cena a casa. Tamén viña moito o director da Filarmónica de NY, Leonard Berstein, todo o equipo do Canal 7 de noticias…

E algún ourensán tamén…

Pois sí. Unha vez vin unha cara que se facía coñecida e cando me puxen diante del díxenlle: “Vostede é o fillo de don Luis”. E efectivamente era. Era o correspondente da Axencia EFE en Nova York (Manuel Luis Acuña, recentemente falecido), e o seu pai, don Luis, era don Luis Acuña o director da Escuela Bóveda en Ourense. Ise encontro deu lugar a un artigo en La Región no 74 que se titulou “O fillo de don Luis”.

Logo, tras un breve paso por Venezuela, decidiu volver a Nova York e viu a oportunidade coller o Restaurante Marbella, chamou ao seu irmán e arrancaron…

Exactamente…

Cando comezou a súa relación co Círculo da Hispanidade, que vén de nomealo Membro de Honra?

Eso veu máis tarde, a raíz da galas que celebraban no Marbella. Aí foi cando vin todo o que facía Gil Bernardino e non dubidei un minuto en unirme á organización… ogallá ainda lle puidera adicar máis tempo. É unha das organizacións de axuda máis importantes do Estado e todo xurdiu da cabeza de este home, do seu afán por axudar aos hispanos máis necesitados e loitar contra a inxustiza social que el vía que sufrían día a día. 

Por que unha organización benéfica deste tipo pode facerse en Nova York en non en Galicia onde vostede o intentou en máis dunha ocasión?

Tocáscheme onde me doe. Fai 25 anos, durante unhas festas nas que estábamos aí no río Arnoia case tódolos emigrantes de Celanova afincados en Nova York e Nova Jersey, tratei de poñer a todos dacordo para impulsar unhas becas para estudiantes a nivel de primaria e secundaria. Sería para os mellores alumnos escollidos polos profesores da comarca de Celanova, deberían competir entre eles, premiar aos mellores e cumprir un requisito: que non tiveran recursos económicos suficientes… pero non se levou a cabo por falta de axuda. Esa foi a primeira, e a segunda foi cando intentei facer unha organización internacional dos galegos Amigos de Celanova e non se puido levar a cabo porque hai pouca unidade entre os galegos aquí. Digo esto sen ánimo de crítica, pero é o que penso.

Por certo que supoño que terá orgullo de pai ao ver que seu fillo Carlos gañou un Grammy…

Podes imaxinar, pero esta é unha historia ben curiosa. O famoso DJ Cedrix chamou a Carlos a Miami porque o seu enxeñerio de son tiña un problema no oído. Carlos foi, traballaron xuntos, e foi Carlos o que verdaderamente fixo a remezcla de “Summer Sadnes”. O que pasa e que cando entregaron o Grammy, o Cedrix subiu só e non dixo nada de Carlos. A parte boa é que todo o mundo da industria da música sabía que o traballo o fixéra el, e este ano fixeron o que era de xustiza e a Carlos lle chegou o seu Grammy á casa. 

Te puede interesar