ENTREVISTA

"O mar debe ser unha ponte entre todos nós"

Ana Luísa Pereira Luís, Presidenta da Asamblea Lexislativa das Azores

Que lle pareceu Celanova?
É un lugar francamente bonito, cun Monasterio super importante e faime especial ilusión estar hoxe, no 166 aniversario do seu nacemento, na casa natal de Manuel Curros Enríquez. Un poeta, como se puido escoitar hoxe aquí, cunha vinculación tan importante con Antero de Quental. É moi bonito ver que os vínculos nos que hoxe traballamos veñen de tempo atrás.

Que se leva de Galicia?
Pasamos dous días marabillosos visitando diferentes lugares de Galicia e teño que agradecer a extraordinaria recepción que nos destes. Sentímonos como na casa e creo que temos que seguir nesta liña de colaboración. Partimos hoxe, pero deixamos algo dos azorianos aquí. 

Servirá este evento para traballar en iniciativas conxuntas?
Sepárannos 1.500 quilómetros, pero o mar debe ser unha ponte. Todas as áreas que unen a estas dúas rexións poden e deben ser profundadas. Temos que estreitar os lazos que nos unen e ir potenciando accións no ámbito da cultura, tradicións sociais ou na economía do mar.n

Te puede interesar