O Mosteiro celanovés acolle esta exposición ata o vindeiro sábado

Unha mostra itinerante lembra a historia da TVG

José Rodríguez, Fernando Ojea con Rodríguez y Domínguez. (Foto: Miguel Angel)
O Mosteiro de San Salvador de Celanova é o escenario da presentación na provincia de Ourense da exposición conmemorativa dos 25 anos da creación da Compañía da Radio Televisión de Galicia (CRTVG). O director de comunicación da 'Galega', Fernando Rodríguez Ojea, acompañado de parte do grupo de goberno municipal, presidiu onte no salón de actos celanovés a inauguración da exposición que se poderá visitar na vila ata o vindeiro sábado, 28 de agosto.
Nun recorrido ameno e didáctico, o visitante poderá repasar os momentos que marcaron o pasado e o presente da CRTVG con unha zona expositiva con obxectos que se utilizaron nos comezos ata os paneis fotográficos ilustrativos cas noticias e persoeiros más significativos que pasaron polo canle. Ademais, dispón dun plató de chroma-key onde todos os visitantes se poden converter por un momento en presentadores de informativos e verse reflectidos nunha pantalla de gran formato.

A mostra, que se inaugurou en marzo en Santiago de Compostela, visitará Sanxenxo e Pontedeva para, no outono, desplazarse ás cidades de Vigo, Ferrol, Lugo e Ourense, entre outras poboacións.

Te puede interesar