“Mulleres na ciencia” achégase á biblioteca celanovense

Unha exposición visibiliza a 14 mulleres de éxito, onde se encontra a astrónoma ourensá Antonia Ferrín

A biblioteca municipal de Celanova súmase aos actos conmemorativos do mes da ciencia en galego nas bibliotecas coa exposición “Mulleres na Ciencia”, cedida polo colectivo “Exxperimenta en feminino” do Campus de Ourense.

Veciños e visitantes poderán ver a exposición nas instalacions municipais sitas no Auditorio Ilduara do Cercado, dende hoxe e ata o 29 de novembro de 10,00 a 13,00 e de 16,00 a 19,00 horas, unha composición formada por 14 posters sobre mulleres cun destacado papel na investigación científica e tecnolóxica. 

O obxectivo é esperar nos cativos a vocación científica a través de referentes femininos, “A exposición xorde da convicción de que hai unha falta de referentes femeninos no campo da ciencia, a tecnoloxía e as enxeñerías”, subliñan os promotores que, de cada protagonista, recollen información da súa traxectoria, de cales foron as súas achegas e dos premios ou recoñecementos que recibiu tanto en vida como posteriormente. 

A selección de mulleres da exposición abarca desde a investigación básica á aplicada, desde o ámbito galego ao internacional, e desde a física á informática, destacando as figuras da astrónoma ourensá Antonia Ferrín, a primeira muller en presentar una tese no campo da astronomía en España; ou as galegas María José Núñez (química industrial e farmacéutica), Tarsy Carballas (farmacéutica e química) e Isabel Zendal (enfermeira).

Te puede interesar