CELaNOVA

Música para despedir ós alumnos do Conservatorio

20190630201458601_result
photo_camera Un momento da actuación dos pequenos músicos de Celanova.

A Escola de Música da Banda de Celanova despediu o curso cun concerto no auditorio Ilduara no que participaron tódolos alumnos das diferentes disciplinas que se imparten no conservatorio da vila.

Os pequenos que durante os últimos meses aprenderon música, baile, movemento e ritmo actuaron para un auditorio que rexistrou un cheo absoluto. 

Os asistentes tiveron que aboar unha entrada de dous euros que a Escola de Música empregará agora na adquisición de novos materiais didácticos para a volta do curso, en setembro. Deles beneficiaranse os máis de 300 alumnos que o centro musical recibiu ó longo do ano escolar que esta fin de semana concluíu. 

En total, a escola imparte una decena de especialidades, tanto musicais como de baile, sendo saxofón, batería, piano ou guitarra as máis demandadas polos máis novos de Celanova. Como vén sendo habitual na actuación de fin de curso salientou a participación dos cativos máis pequenos que entran ó centro a través da asignatura de música e movemento.

Te puede interesar