cultura

A música dos poetas galegos vibrou no Mosteiro celanovés

Un momento do concerto do  Rexurdimento en Celanova.
photo_camera Un momento do concerto do Rexurdimento en Celanova. (L.F.)

Veciños da vila e turistas chegados desde Lugo e Portugal encheron o coro alto da igrexa para gozar da actuación ofrecida pola organista María José Mosquera, acompañada do violín de Benito Buide e a voz de Ilduara Perianes

Os acordes de "Negra Sombra", "Unha noite na eira do trigo", "Cantiga" ou o propio himno galego resoaron onte na igrexa de Celanova con motivo do concerto "Especial Rexurdimento" organizado pola Fundación Curros Enríquez para conmemorar o Día de Rosalía de Castro. Veciños da vila de San Rosendo pero sobre todo turistas chegados desde Lugo e Portugal encheron o coro alto da igrexa para gozar da actuación ofrecida pola  organista María José Mosquera, acompañada do violín de Benito Buide e a voz de Ilduara Perianes. 

Ademais da actuación musical, nos locais de hostalería a clientela local puido degustar a receita "Caldo de Gloria", inspirada nun poema rosaliano, e que hoxe terá segunda parte.

Te puede interesar