entrevista

“No rural hai moita xente que te apoia, é moito máis fácil que ir ti só a Madrid"

dsdsssd
photo_camera Andrés Goteira onte en Celanova.

O audiovisual segue sendo obxecto de debate en Celanova, onde o curso de medios audiovisuais permitiu onte coñecer o proxecto cinematográfico "Dhogs", dirixido polo lucense Andrés Goteira

O audiovisual segue sendo obxecto de debate en Celanova, onde o curso de medios audiovisuais (CeMAC) permitiu onte coñecer o proxecto cinematográfico "Dhogs", dirixido polo lucense Andrés Goteira.

De qué vai Dhogs?
Dhogs é o reflexo do mundo perverso, daquelas persoas que teñen un escaparate pero que detrás esconden a perversión. Esa é a mensaxe, a historia en si é pura ficción. Unha "road movie" multixénero, que xoga co espectador e que penso que iso fai a película atractiva.

É a túa primeira longametraxe, por que arriscar tanto?
Sentinme libre e supoño que ese é o meu mundo interno, o que eu vexo, o que eu capto na vida. Aínda que a historia non é apta para todas as sensibilidades, a película tivo un bo resultado.

Que tal a estrea no festival de Bos Aires?
Non tiñamos nin idea de festivais, pero levamos a película a Bos Aires e gustou. Mirar cara atrás e ver na cara da xente que conseguimos o que buscabamos é unha satisfacción. E todo iso dende un lugar moi pequeniño, dende o rural, dende Meire (Lugo). Feito por catro amigos que fomos escalando pouco a pouco e estamos moi contentos co resultado.

Sodes un exemplo de que no rural pódense facer cousas, como foi o proceso?
Sí, eu creo que o cine non ten un lugar. Ti podes facer cine dende calquera punto e, para min, é importante estar rodeado de boa xente durante ese proceso. Porque durante o traballo xorden conflitos, problemas, gañas de deixalo todo... e, si estas rodeado dun equipo con bo corazón, é moito máis fácil que ir ti só a Madrid. No rural hai moita xente que te apoia, que che da una palmada e che di "isto é un camiño de fondo, non é fácil pero non imposible".

Contades con actores galegos de primeiro nivel, como foi traballar con Miguel de Lira, Antonio Durán ou Carlos Blanco?
Eu tiña moito medo aos actores, nunca traballara con actores a nivel profesional. E foi máis fácil do que eu pensaba, enténdente rapidamente e son moi dispostos. Penso que hai que probar, non hai que ter medo a achegarse a calquera actor que che guste, intentalo ao menos.

Que supón para “Dhogs" participar no CeMAC?
É un orgullo que sirvamos de exemplo para quen queira intentalo neste mundo e dicirlles que no intentar esta o aprendizaxe. No papel non se ve todo o traballo que hai detrás. Nós fixemos tódolos procesos dende a escritura de guión ata o deseño do dossier que enviamos á prensa, un "crowdfunding" para lograr financiación, falar coas administracións,... En tódolos procesos hai moitos erros e penso que é bo transmitilos sen medo, porque dos acertos apréndese menos que dos fallos. Grazas a Deus chegamos a porto con bo resultado, así que aínda que te equivoques, as cousas saen adianta.

Te puede interesar