Cultura

A obra dos anos 80 "Val de Ramirás" volve as librarías

Xoan Carlos Domínguez e Anxo Angueira nunha foto inédita feita por Baldo Ramos.
photo_camera Xoan Carlos Domínguez e Anxo Angueira nunha foto inédita feita por Baldo Ramos.

A obra poética "Val de Ramiras" escrita na década dos anos 80 do século pasado por Anxo Angueira, e que leva anos esgotada, volveu as librerías do país. "O Concello de Ramirás decidiu reeditar esta obra que fala do patrimonio local", explica Xoan Carlos Domínguez Alberte, o escritor nado en Escudeiros (Ramirás) que foi o encargado de preparar o novo diseño que conta con unhas achegas que lle dan un valor especial. "Hai tres artigos de Angueira sobre proxectos relacionados con Celanova e un texto inédito no cal fala da súa vinculación co Val de Ramirás", avanza. Ademáis de Xan Carlos Domínguez Alberte, nesta nova edición tamén colaborou o artista celanovés Baldo Ramos, quen engadiu fermosas fotografías que ilustran a obra. 

O Instituto de Celanova foi un dos primeiros destinos como mestre de Anxo Angueira que, inspirado pola beleza do val de Ramirás, escribiu este primeiro poemario do cal a Sociedade de Cultura Valle-Inclán editou 500 exemplares.

Te puede interesar