Peregrinación de mulleres rurais ao Santuario de Rabal en Celanova

A marcha partiu ás 10,30 horas da mañá do centro de Celanova e percorreu ao redor de sete quilómetros ata o santuario

Preto de 40 persoas da Asociación de Mulleres Rurais "Maravella" de Celanova peregrinaron onte ao Santuario de Rabal, en Celanova, coincidindo coa celebración das eucaristías que se están sucedendo nesta capela dende o pasado día 31 de agosto, na honra da Virxe da Armada. 

A marcha partiu ás 10,30 horas da mañá do centro de Celanova e percorreu ao redor de sete quilómetros ata o santuario, construido polo párroco Manuel Seguín hai máis de unha década. A comitiva chegou a Rabal, cerca das 12,00 horas do mediodía. Alí celebraron unha comida popular e unha xornada de convivencia. A última hora da tarde participaron no rosario e, posteriormente, na misa que se celebrou no santuario. 

Segundo adiantou Ánxela González, presidenta da asociación, a finais deste mes a asociación participará na misa gregoriana de Cea e visitará o Castro de San Amaro, en San Cibrao de Lás.

Te puede interesar