Os píos de palla de Sande arderán nesta Noitevella

Participantes nas xornadas de traballo en Sande. (M.V.)
photo_camera Participantes nas xornadas de traballo en Sande. (M.V.)

Veciños de Sande, en Cartelle, avanzan firmes na recuperación das tradicións. Este fin de semana, integrantes da Asociación Cultural Entroido de Sande levaron a cabo  a matanza tradicional do “porquiño de San Antón”, que criaron nos últimos meses  para a súa posterior degustación, e tamén a corta da palla do millo para elaborar seis píos.

Trátase dunhas construcións agrícolas que antigamente se facían nas fincas traballadas da parroquia coa finalidade de servir de cama ao gando. Pero, na noite de fin de ano, era común que os mozos queimasen os píos uns aos outros. Por segundo ano consecutivo, a veciñanza volverá a xuntarse para queimalos tralas campanadas do día 31.

A actividade na parroquia contará, neste Nadal, con obradoiros, cine e bingos o  30 de decembro e o 6 de xaneiro

Te puede interesar