entrevista

"Pontedeva é un concello moi dual e cun espírito crítico impresionante"

Ramirás, A Bola, Gomesende e agora Pontedeva. Estes son os concellos nos que se mergullou Carlos Méndez Míguez nun intento de recuperar a toponimia local. O home dos nomes podería ser o alcume deste mestre xubilado apaixonado da historia, da cultura, de Terra de Celanova.

Cómo foi o proceso?

A toponimia que lle dá nome é celta, as famosas devas. Hai dous castros (A Senra e O Valiño), aínda que atopei instrumentos paleolíticos. E dous vilares, das que temos constancia por a documentación diplomática, que son Pontedeva e Trado. Despois viría a aparición das parroquias medievais e o que xa coñecemos. Pontedeva é un concello moi dual con grandes posibilidades, extraordinarias levadas e, a 200 metros de altitude, son terras aluviales. Ten incluso zonas extraordinarias para as vides, sabemos que vendían viño aos limiaos. Volvendo á toponimia, en comparación con outros concellos, é unha división clave no aspecto etnográfico, con poucos elementos xermánicos. Temos topónimos 43 maiores e 182 menores.

Cal é o seu modus operandi para dar forma ao libro?

Primeiro fago unha composición histórica, busco todo o que se poida de restos arqueolóxicos e iso me sitúa enormemente. Logo como estaba xurisdicionalmente no Antigo Réxime e pido o catastro de rústica para quitar a toponimia menor. A partir de aí, toca visitar pobo a pobo, falar coa xente que me recibe marabillosamente. Eles constatan moi ben a toponimia menor e e amplíanma. E, unha vez que teño iso, empezo o traballo de arquivo e estrutura.

Quen foron os teus informantes?

A xente do propio Deva, o alcalde Juan Carlos González que se desviviu, e logo moito arquivo, como sempre -Protocolos notariais, arquivo histórico, o diocesano, …-.

Cal foi o maior achado que atopou?

O descubrimento máis grande que me atopei foi unha representación de Carlos IV. Se ve que o espírito crítico era impresionante. Data do 1805 e trata dunha representación que fixeron os veciños de Trado para protestar polos aranceis e que enviaron a Carlos IV. E, seguindo con esa dualidade que falamos antes, atopei dou heroes ilustrados: Pascual Pérez de Armestro (s. XVIII) que é o fundador da escola das primeiras letras de Pontedeva na aldea de Deva, un home extraordinario, o único que tiña mula. E un cura, Antonio de Trado, que fundou outra escola en Trado. A parroquia de Pontedeva era moi potente, moi produtiva.

E agora, cal será o seguinte concello na súa lista?

Teño viaxado a Quintela de Leirado, o topónimo de Xacebáns se as trae. Cartelle tamén ten o seu encanto, ten moita culturalidade e históricamente os templarios… Verea chámame a atención por nomes difíciles e moi antigos como Cexo, ... Eu o paso ben que é o importante. O único que necesito é tempo, que o teño medido.

Te puede interesar