Celanova

O premio Parabéns recoñece as melloras feitas en Vilanova

Celanova

celanova

O premio Parabéns recoñece as melloras feitas en Vilanova

O alcalde José Luis Ferro recibe o premio de mans do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
photo_cameraO alcalde José Luis Ferro recibe o premio de mans do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.

O galardón permitiu investir 400.000 euros na pavimentación e acondicionamento do burgo

Os 400.000 euros que o premio "Galicia Parabéns" concedeu ó Concello de Celanova permitiron realizar unha reforma integral en toda a circunvalación extramuros do burgo medieval de Vilanova dos Infantes. As actuacións, rematadas xusto antes da celebración da Romaría Etnográfica Raigame o pasado 17 de maio, consistiron en dispoñer unha nova pavimentación nas rúas do Arrabaldo, da Ronda e Tralacerca. 

O galardón, concedido pola Xunta a través da Axencia de Turismo de Galicia, permitiu tamén deixar preparadas todas as infraestructuras urbanísticas de cara ós próximos anos. Deste xeito, coa renovación das rúas procedeuse tamén á presintalación da auga, das telecomunicacións e da luz baixo o pavimento, de xeito que estes servizos poidan soterrarse nun futuro sen necesidade de acometer grandes obras. 

O obxectivo da inversiVilanova dos Infantesón do premio "Galicia Parabéns" pasaba pola humanización das rúas da vila, completando un anel circular en torno á Torre da Homenaxe. Por iso, ademais de renovar a pavimentación, as obras centráronse tamén na instalación dunha zona recreativa na rúa do Arrabaldo, próxima á adega do San Vivián; así como na rehabilitación duns hórreos na Ronda. O proxecto urbanístico, que recibiu unha nota de 98 sobre 100 na súa conocorrencia ó galardón, foi desenvolvido durante a primeira metade deste ano e centrouse tamén nunha preocupación estética, disimulando elementos imprescindibles en calquera núcleo urbano, como son as tapas do alcantarillado.


Vilanova aspira a converterse en “pueblo bonito"


Tralas actuacións acometidas no burgo medieval entre xaneiro e maio deste ano, un dos proxectos do Concello pasaba por acadar a categoría de "Pueblo bonito de España", unha distinción outorgada pola asociación do mesmo nome creada en 2011.


Ferro propón en Santiago a creación da figura das "aldeas históricas"


O alcalde en funcións de Celanova, José Luis Ferro, acudiu onte a Santiago de Compostela para o acto oficial de entrega do premio "Galicia Parabéns". Durante a súa intervención de agradecemento e con Vilanova dos Infantes como exemplo, Ferro aproveitou a presencia do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para propoñerlle a creación da figura de "aldeas singulares de Galicia", un rango semellante ó que posúen as "aldeas históricas" de Portugal. Para Ferro, sería "un xeito complementario de apostar cultural e turisticamente polo rural". 

O acto de entrega, no que tamén foi galardonado o Concello de Mondoñedo, celebrouse no compostelán Hostal dos Reis Católicos. Alí, o rexedor celanovés lembrou que a iniciativa de concorrer ó premio "Galicia Parabéns" xurdiu durante a entrega da primeira edición, celebrada o pasado ano. Ferro sinalou que "en Celanova temos un patrimonio arqueolóxico, arquitectónico e cultural envexable", algo que "tamén nos ten en alerta e loita permanente para estar á altura". Con todo, o goberno local que el preside optou por Vilanova dos Infantes "porque é moito o que xa tiñamos traballado nela". Coa inversión do Parabéns, ascende a 500.000 euros a cifra que se ten destinado ó burgo nos últimos anos.n

Más en Celanova