entrevista

"É a primera vez que fago algo como actor e é unha experiencia moi interesante"

Daniel Fernández xunto cos actores cos que comparte escea.
photo_camera Daniel Fernández xunto cos actores cos que comparte escea.

Daniel Fernández Carril, natural de Cartelle, sufriu hai agora 15 anos un accidente no que perdeu unha perna e que lle cambiou a vida. Agora, ademais de ofrecer a súa experiencia como exemplo para a prevención, trata de facerse un oco no mundo da interpretación

Daniel Fernández Carril, natural de Cartelle, sufriu hai agora 15 anos un accidente no que perdeu unha perna e que lle cambiou a vida. Agora, ademais de ofrecer a súa experiencia como exemplo para a prevención, trata de facerse un oco no mundo da interpretación. A súa primeira parada, o plató da serie "Vergüenza".

En que consiste este novo proxecto?

Pois estou gravando en Madrid un capítulo da serie "Vergüenza", da que son protagonistas Javier Gutiérrez e Malena Alterio. O meu papel consistiu en entrar a unha tenda de ortopedia, onde me atendía ela, para pedir un guante protector. De súpeto entra outro cliente ó que lle cheira moito o alento e despídome dicíndolle que xa volverei outro día. É un pequeno 'sketch', pero é para unha serie que emiten en Movistar Plus.

Como conseguiches o papel?

Foi gracias a Rubén Riós. Sabía que necesitaban un actor discapacitado e chamoume a min. Como só era unha escea, estivemos unha tarde enteira preparándoo en Vigo. Mandei un vídeo presentación e gustoulles. 

Ó final deixácheste seducir polo mundo da interpretación. 

Pois si. A verdade é que me gusta este mundillo, aínda que é un traballo de moito repetir, é unha experiencia moi interesante. É a primeira cousa que fago así de actor. Tiña participado en programas de televisión, pero nunca interpretando un papel. Isto é todo gracias ó documental "Mil sorrisos e un perdón". Tróuxome moitas cousas boas, sen el isto non tería sucedido.

Continúas involucrado no tema da prevención de accidentes de tráfico?

Si. Sigo dando charlas. En outubro vou a Castellón e hai dous meses estiven en Huesca, ademais de en colexios e onde me chaman. A verdade é que é unha pasada a reacción da xente porque se interesan moito. Ó ser un caso real, os rapaces dos institutos, por exemplo, reacionan con moito cariño e respecto. Teño estado en charlas de tres horas e eles atentísimos. É unha pasada porque recibo mensaxes de agradecemento e todo.

Te puede interesar