SERVIZOS

O PSOE insiste na insalubridade da auga en Ramirás

depu_ramirasS
photo_camera Construcción de la estación depuradora de Ramirás.

O principal grupo da oposición formará aos veciños sobre os riscos do arsénico na auga

O principal grupo da oposición no Concello de Ramirás, o socialista, ten previsto para o día de hoxe realizar unha visita técnica ás instalacións da depuradora municipal, dentro da súa iniciativa posta en marcha encamiñada a mellorar os coñecementos que a cidadanía ten sobre os riscos dunha defectuosa salubridade da auga.

Ademais, o PSOE local anunciou a organización dun curso formativo dirixido tanto ao público en xeral como ao persoal municipal con responsabilidades na xestión da auga de consumo, co gallo de mellorar o coñecemento que ambos os dous colectivos teñen. Segundo aseguran, "hai tempo que vimos alertando da presenza de arsénico na auga que consumen e usan os veciños de Ramirás, circunstancia que o pasado ano xa supuxo un grave problema que se solventou de xeito momentáneo pero non permamente", di a voceira no Concello Isabel Gil.

Para os socialistas da localidade, abordar de xeito decidido este problema "pasa por analizar o propio sistema de abastecemento e depuración así como pola formación tanto da veciñanza como dos técnicos municipais.

A data, hora e lugar das xornadas formativas serán debidamente anunciadas con antelación.

Te puede interesar