Celanova

A Ramallosa dará 900 euros aos mellores farois

Celanova

CELANOVA

A Ramallosa dará 900 euros aos mellores farois

Los tradicionales farolillos de la Festa da Ramallosa que se desplegaron en la edición del año pasado.
photo_cameraLos tradicionales farolillos de la Festa da Ramallosa que se desplegaron en la edición del año pasado.
Existen tres modalidades de concurso e en ningunha delas se permiten vehículos motorizados ou a participación de calquera animal

Celanova prepárase para unha das citas máis agardadas do almanaque festivo da vila. O vindeiro, sábado, 3 de agosto, as luces apagaranse para dar a benvida a unha nova edición da festa da Ramallosa, unha singular procesión na que a iluminación dos farois lle outorga o ambiente tan característico desta celebración. Como cada ano, o percorrido pola meirande parte das rúas celanovesas dará comezo ás 23 horas. Nel, as charangas acompañarán ós miles de participantes que cada ano se suman á procesión. 

Ó igual que acontece en tódalas edicións, existen tres modalidades de participación para aqueles que decidan entrar a concurso coa súa creación. Por unha banda, están os farois tradicionais, compostos por elementos vexetais adornados con farois propios ou ben os que reparte a organización durante toda a xornada da Ramallosa. Outra das modalidades é a denominada como farois artísticos, na que os participantes constrúen formas ou estructuras seguindo os métodos de confección dos farois típicos, sen que exista limitación de material, se ben non se permiten vehículos motorizados ou animais en toda a procesión. En terceiro lugar, o Concello repartirá tamén premios entre as fachadas, locais comerciais ou rúas mellor adornadas para a ocasión.

A contía económica reservada é de 300 euros para o primeiro premio, outorgado polo Concello, e de 100 euros para o segundo, outorgado pola Mancomunidade, en cada unha das categorías.