Rebulir convoca en Ramirás o certame de fotografía antiga

A Escola de Baile e Música Tradicional 'Rebulir' de Ramirás, en colaboración co Concello de Ramirás e o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo Fernández da Deputación de Ourense, convoca o 'III Concurso de Fotografía Antiga', co obxectivo de recuperar a memoria fotográfica do Concello de Ramirás e a súa comarca, fomentar a investigación, recolleita e indagación entre os participantes e servir de base para estudar os costumes, traxes, instrumentos ou oficios que eran tradicionais na zona.
Na pasada edición foron recollidas máis de 200 instantáneas que se refiren a múltiples momentos, dende momentos da labranza como a malla, a vendima ou a sega, ata as labores de cotío pasando como non polos intres de festa, romarías, encontros, celebracións. Os interesados en participar deberán presentar as fotografías antes do 31 de agosto.

Te puede interesar