cultura

Rebulir escolle ós premiados do seu festival internacional

Os galardóns concederanse nas categorías de Música galega, Artes escénicas e Patrimonio e unha terceira modalidade de premio homenaxe a toda unha traxectoria

O colectivo cultural Rebulir reuniráse a primeira hora do vindeiro luns para valorar as candidaturas presentadas co gallo da edición deste ano dos Premios Rebulir da Cultura Galega e elixir os nomes daquelas persoas ou entidades ás que o organismo de Ramirás recoñecerá este ano o seu labor en prol da conservación do patrimonio material e inmaterial. A reunión terá lugar ás 9 hora no centro cultural Marcos Valcárcel. Alí estarán os representantes do colectivo, do Concello de Ramirás, de asociacións culturais galegas así como do Parlamento e da Xunta de Galicia.

Os presentes terán que fallar os nomes correspondentes ós premios Rebulir entre as máis dun cento de candidaturas presentadas nesta ocasión. Os galardóns concederanse nas categorías de Música galega, Artes escénicas e Patrimonio e unha terceira modalidade de premio homenaxe a toda unha traxectoria. A entrega terá lugar durante o Festival Internacional, que se celebrará o 21 de decembro.

Te puede interesar