A rede cultural de Aldearmos chega mañá domingo a Saumede, na Bola

"Aldearmos". MARTIÑO PINAL
photo_camera "Aldearmos". MARTIÑO PINAL
Aldearmos chega mañá domingo ata Saumede (A Bola), no marco do programa de democratización cultural do e no rural da Rede Aldear no que participan unha vintena de concellos de Ourense e Lugo, co apoio do campus de Ourense e de Agadic

A programación na antiga aldea abandonada da Bola  arrancará ás 10.15 horas coa presentación da rede e de como acceder a financiamento para a cultura. Ás 12,00 horas a investigadora e antropóloga Jackeline Fernández Macías disertará sobre o Entroido e, deseguido, haberá un obradoiro de introdución á danza coa coreógrafa Nuria Sotelo. O cartel o completa o trío Motobomba que ofrecerá un concerto ás 13,15 horas. 

Pola tarde, dende as 17,00 horas, haberá unha sesión de Dj Tristón e concerto de Alendalúa, que mistura músicas medievais e arqueoastronomía.

Te puede interesar