Regresan as visitas ao mosteiro de San Rosendo

Conxunto de San Rosendo, unha das referencias de Celanova.
photo_camera Conxunto de San Rosendo, unha das referencias de Celanova.// ÓSCAR PINAL

O Concello de Celanova retomará a partir do luns, día 3, as visitas guiadas ás dependencias do Mosteiro de San Rosendo que xa formaban parte dos itinerarios visitables antes da paralización da actividade turística municipal, como son o claustro barroco, a igrexa monacal e a capela de San Miguel.

Deste xeito, a oficina de turismo tamén recuperará o horario de apertura ó público polas tardes, recuperando a actividade de 10,30 a 14,00 horas e de 16, a 19,00 de martes a sábados, mantendo a apertura en domingos e fins de semana, de 11,00 a 14,00 horas.

O Concello indica que os horarios concretos para a realización de visitas guiadas serán as siguientes: pola mañá haberá dúas visitas, ás 11,00 e ás 12,30 e pola tarde, ás 16,30 e ás 18,00 horas.

Dado que unha parte fundamental das visitas desenvólvese especialmente polas instalacións da igrexa, tanto na súa plataforma baixa, coma no coro alto, "estes horarios poderán verse modificados en función dos actos litúrxicos –ocasionais ou non- que poidan ser organizados pola igrexa", aclara a institución local. Os servizos de atención turística recuperan a súa normalidade, completando as ofertas de visitas ó Mosteiro, a Casa dos Poetas ou Vilanova dos Infantes, tendo en conta sempre. Lembra o Concello que se seguirán as normas de seguridade marcadas pola Consellería de Sanidade para esta actividade, polo que o número máximo de persoas que serán atendidas, será de 20. 

Te puede interesar