As rúas de Vilanova reviven as romerías do século pasado

Vilanova dos Infantes trasládase ao século pasado para revivir unha nova edición, e xa van 10, da Romería Etnográfica Raigame.
Palilleiros, libreiros, oleiros, zapateiros, panadeiros, afiadores, cesteiros ou artesáns do mundo da pedra, xoias, coiro ou a madeira exhibirán a súa arte polas rúas e prazas do burgo medieval, nunha escenificación onde non faltarán as actuacións de agrupacións culturais, musicais, de danza ou gaitas. Nunha programación de xeito ininterrumpido dende as 11,00 ata ás 20,00 horas, non faltarán as exposicións, os obradoiros ou os tradicionais mercados de comida, frutas, hortalizas ou antigüedades.

No marco institucional, ás 13,30 horas o Centro Comarcal Terras de Celanova acollerá o acto de entrega do premio 'Xan de Barros' aos veciños de Vilanova pola súa desinteresada colaboración o longo destes 10 anos. Durante o acto, ao que confirmou a súa asistencia a secretaria xeral para o Turismo Carmen Pardo, a Sociedade Filatélica Miño dará a coñecer o primerio sello dunha colección sobre Fortificacións na provincia de Ourense que recolle precisamente a Torre do Homenaxe celanovesa no seu primeiro sello. Posteriormente farase un percorrido ata a adega de San Vivián para visitar a nova mostra expositiva sobre os zapateiros de Vilanova.

Te puede interesar