CONCURSO

O Santuario da Virxe da Armada convoca su premio literario

O certamen dará tres premios: un primeiro de 600 euros, un segundo de 300 e un terceiro de 150 euros

A Asociación Cultural "Santuario Virxe da Armada", que ten como finalidade traballar na promoción, coidado e desenvolvemento do Santuario, en colaboración co Concello de Celanova, convocou un certame literario. A temática do mesmo xirará sobre un tema mariano, en xeral ou ben sobre a advocación da Armada. Os traballos poden ser en verso ou en prosa. De ser un traballo poético, terá unha extensión mínima de 40 versos e de ser en prosa, terá unha extensión mínima de cinco folios, escritos a doble espazo, e poderán estar redactados en castelán ou en galego.

Os traballos serán enviados ó rector do Santuario antes do día 31 de maio e o acto de entrega dos premios será durante a semana do novenario da celebración mariana.

Te puede interesar