formación

Un taller de debuxo estimula o talento dos máis pequenos de Celanova

A iniciativa artística está dirixida a rapaces de entre 12 e 18 anos para axudarlles a afondas nas súas capacidades creativas

A artista celanovesa Katharina Ojea impartirá a terceira edición do seu taller de debuxo na Casa dos Poetas. A iniciativa artística está dirixida a rapaces de entre 12 e 18 anos para axudarlles a afondas nas súas capacidades creativas e ten acadado grande éxito de convocatoria nas súas anteriores edicións. O curso impartirase entre o 16 deste mes e o día 1 de agosto en horario de mañá. 

Durante as sesións, que incluirán compoñente lúdica e educativa, os participantes empregarán técnicas de debuxo variadas con materiais como grafitos ou carbón para elaborar os bosquexos das súas obras. Entre as ferramentas creativas, farán uso tamén de tintas ou acuarelas para os acabados finais. O programa formativo inclúe tamén explicacións teóricas e pequenas prácticas para ir avanzando no manexo dos diferentes aspectos presentes nunha creación artística. Os interesados deberán inscribirse previamente na propia Casa dos Poetas.

Te puede interesar