celanova

A terceira “Olimpiada da Broa" continúa en A Merca

Unha andaina, partidos de voleibol, carreiras de obstáculos e partidos de fútbol-lameiro son algunhas das actividades

A terceira edición da Olimpiada Rural da Broa continuará a percorrer diferentes puntos do término municipal da Merca coas súas probas. Trala competición celebrada o pasado mércores en Zarracós, onde os veciños tiveron que demostrar as súas habilidades cos xogos populares galegos, nesta ocasión a cita trasládase a Entrambosríos. Alí, o xoves, día 15, haberá un certame de baloncesto e xogos variados. Será no campo da festa ás 19 horas. 

Os concursantes non poderán descansar demasiado porque ese mesmo sábado, tamén ás 19 horas, o campo da festa de Corvillón acollerá unha pequena andaina dun kilómetro de lonxitude e partidos de voleibol. A terceira Olimpiada Rural da Broa concluirá as súas probas no campo de xogos de Pazos de Olás sábado, día 24. Carreiras de obstáculos e partidos de fútbol-lameiro serán as competicións que pechen a programación. A actividade está organizada polo Concello da Merca e polas asociacións veciñais implicadas.

Te puede interesar