entrevista

“Teriamos que aprender a convivir coas avespas velutinas, en vez de xerar alarma social"

sddf_result
photo_camera José Fernández Fernández.

A presenza de velutinas nunha praza de Vilanova dos Infantes, Celanova, xerou certa alarma social, ademais da mobilización dos servizos de emerxencia. Desde a Asociación Galega de Apicultura, o seu delegado comarcal José Fernández, fai un chamamento á calma e á reflexión sobre como actuar contra unha especie que vén para quedar

Hai moitas avespas velutinas na provincia?
En Ourense non hai moitas, o problema forte será dentro de dous anos. Estamos nunha provincia moi rural, con moitas serras, moito monte onde as velutinas farán os seus niños e non se decatará ninguén. Por iso é importante que a xente sepa distinguilas das cabro, que é o único aliado natural que temos para loitar contra a avespa asiática. Aínda que a loita é moi desigual, un niño de avespa crabo pode ter entre 200 e 400 individuos e un de velutina máis de 18.000.
 
Son perigosas as velutinas?
As avespas asiáticas son perigosas se ven que o seu niño é atacado e acoden en tropel a defendelo, tamén son perigosas para as persoas realmente alérxicas ó veneno de himenópteros (1 de cada 10.000 persoas). Temos que ter en conta que, tanto as abellas como as avespas de todo tipo e procedencia, son xunto co vento, os principais axentes polinizadores das plantas das que sairán os froitos dos cales se alimentan tódolos animais da cadea trófica, incluídos nós.

Que propón vostede?
En vez de tanta alarma social, a presencia das avespas deberíase ver como algo normal e aprender a convivir con elas. Concellos e particulares deben plantexarse non plantar en espazos públicos ou privados, árbores baratos de crecemento rápido e produtores de sombra, como o sauce chorón, e implicarse na colocación de trampas a comezos do outono e da primavera. Así, atraparíanse máis raíñas (un estudo da Universidade de Valladolid contabilizou entre 200 e 500 raíñas nun só niño) e evitaríase, na medida do posible, a creación de novos niños de velutina. Tamén as administracións e universidades deberían implicarse na financiación e investigación para conseguir feromonas estables que consigan cazar o máximo de velutinas posibles.

Qué tipo de trampas recomenda utilizar contra a velutina?
De tipo caseiro que un pode ver en internet e que se fan cunha simple botella de plástico e cunha mestura de cerveza negra con alcohol e viño branco (ao 50%). Renovar cada oito días ou cando atrapen velutinas. Eso si as avespas asiáticas hai que pisotearlas ben ou queimalas, para destruirlas por completo. Vexamos a avespa asiática como un problema da globalización, como tamén o son a varroa das abellas, a avispilla do castiñeiro, a ática dos carballos ou incluso o escarabello das patacas. Estamos ante un problema complexo e de difícil solución onde todos nos debemos implicar e evitar xerar alarma social.

Non se poderá acabar con ela?
Estamos ante unha especie invasora que veu para quedarse. Non existe forma actual de erradicala totalmente. As trampas comerciais que se están a empregar para cazalas non son selectivas e cazan outras especies como moscas, bolboretas ou avespas europeas de todo tipo. 

Como inflúe a presencia da velutina ao noso ao redor?
Esta a causar un efecto negativo, non só no sector apícola, coa merma de colleitas ou da polinización, senón tamén no sector da froita e do viño. As avespas teñen a mandíbula suficiente forte para romper as peles das froitas. O sector madeireiro tamén se ve afectado con esta especie invasora. Agora, antes de cortar un árbol, temos que mirar ben que non teña un niño nas súas ramas. Tamén os particulares que limpen ou desbrocen as súas fincas deberían ir protexidos con traxes de apicultor e roupa grosa para evitar posibles sustos, xa que a avespa asiática tamén pode facer niños na terra.

Te puede interesar