POLÍTICA

Villoslada non quere “xogo sucio" nas primarias do PSdeG

O precandidato ás eleccións primarias do PSOE galego tivo unencontro cos simpatizantes de Bande e Celanova

O precandidato ás eleccións primarias do Partido Socialista de Galicia, Juan Díaz Villoslada, mantivo este domingo dous novos encontros con simpatizantes dos municipios ourensáns de Bande e de Celanova. Nestas xuntanzas Villoslada solicitou encarecidamente aos seus compañeiros de partido "non empregar a manipulación nin o xogo sucio" a prol de acadar un proxecto que leve ao PSdeG a conseguir "a hexemonía da esquerda en Galicia". 

O político comprometeuse, por outra banda, a que "as mulleres teñan no partido o protegonismo que merecen, tanto na executiva como nos cargos orgánicos e institucionais" xa que, considerou, " a loita pola igualdade debe comezar polo propio partido". 

Díaz Villoslada mostrou a súa intención de dirixir unha executiva paritaria, funcional e operativa". 

Te puede interesar