literatura

Xosé Benito Reza dá o salto á novela con “Terradentro"

Foto çReza1_result
photo_camera Un momento do acto de presentación de "Terradentro".

A presentación da obra tivo lugar na Casa dos Poetas, de Celanova

Dar o salto á novela é sempre un grande paso para un escritor. Desta realidade é consciente Xosé Benito Reza, que  acaba de dalo coa obra  "Terradentro", un traballo que recolle a historia dun avogado que se ve envolto en situacións un tanto peculiares nunha vila. Con esta obra, José Benito Reza alónxase por un momento da temática de ensaios sobre natureza que ata agora lle tiñan servido como  fío argumental da súa bibliografía e con essta obra trata de volver ao mundo que coñeceu sendo neno con historias e personaxes moi particulares e abordando xéneros como o drama ou a comedia. 

A Casa dos Poetas de Celanova foi o lugar elexido para presentación de "Terradentro", un acto que estivo presidido, ademais do propio escritor, José Benito Reza, polo secretario da fundación Curros Enríquez, Antonio Piñeiro; o académico da Galega, Xosé Luís Axeitos, e o director da editorial Xerais, Manuel Bragado

Te puede interesar