A fala dos vellos

A fin do fin

kelly-sikkema-bj3l739cwc8-unsplash
photo_camera (Foto: Unsplash)

Hai palabras que cambiándolle o xénero cambian o significado. Unha delas é FIN. 

Máis de unha vez teño escoitado a vellas dicir que a cousa estaba mal e que había de vir “a fin do mundo”. Efectivamente, fin, en feminino é o cabo de algo. “Traballou deica a fin dos seus días”, “Para a fin de curso xa faltou máis”. Pola contra, en masculino, “o fin” é finalidade. “O fin das nosas vidas debe ser felices e facer felices aos que nos rodean”. 

En fin, chego á fin desta “enxebreza” dicíndolles que o fin delas é que o pasen ben e lembren algo da vella forma de falar. FIN.

Te puede interesar