Teatro

Abanca presenta no auditorio do Carballiño a obra “Os vellos namorados"

A representación do grupo de teatro senior terá lugar  o próximo 14 deste mes de novembro, ás 20,00 horas

O Grupo de Teatro Sénior de Afundación, a Obra Social de Abanca, presenta no Carballiño a obra "Os vellos namorados", unha adaptación de "Os vellos non deben de namorarse" de Castelao realizada polo director do grupo, Víctor Díaz Barús. A representación será o próximo 14 de novembro, ás 20,00 horas no Auditorio municipal Manuel María, a raíz do convenio que asinarán Francisco Fumega Piñeiro, alcalde do Concello de Carballiño; Mateo Alonso San Román, coordinador de Negocio Institucional de Abanca en Ourense, e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora Institucional de Afundación para Ourense e Lugo. 

Esta actuación organizouse no marco do proxecto "Corrente cultural" de Afundación, que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o

desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de Abanca, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística máis aló das súas sedes.

Te puede interesar