CINE

Arranca a rodaxe da película os "Lobos Sucios"

635489948420336021w
photo_camera Los actores y el equipo de producción en la presentación esta tarde.

A longametraxe está protagonizada por Marián Álvarez e Manuela Vellés

A película 'Lobos Sucios', que recupera a historia das minas de wolframio galegas explotadas polos nazis durante a Segunda Guerra Mundial, arrancará este luns 20 de outubro a súa rodaxe.

A coprodución internacional entre as produtoras Galadas Films, Dream Team Concept e Left Field Ventures -de Galicia, Cataluña e Bélxica- está protagonizada por Marián Álvarez e Manuela Vellés e gravarase durante case seis semanas.

Ambientada na decada de 1940 nunha mina de Wolframio en Viana do Bolo explotada polos nazis, o filme conta a historia de Manuela (Marián Álvarez) unha mineira rexeitada por ser bruxa, pero que decide participar nun plan dos Aliados para roubalos o mineral por salvar á súa filla enferma.

Manuela Vellés será a súa irmá pequena, que a acompaña nesta aventura na que demostrarán que as dúas mineiras galegas puideron cambiar o curso da historia da Segunda Guerra mundial.

"O choque entre os personaxes é moi brusco", comentou, nunha entrevista a Europa Press, o director da película, Simón Casal, quen revelou que a idea desta longametraxe xurdiu co documental 'Lobos Sucios' de Felipe Rodríguez.

Localizacións

Coa película búscase "levar ao espectador de viaxe", indicou Casal, quen explicou que contará a historia dende as propias vivencias dos personaxes que "non son conscientes da dimensión histórica que van vivir".

En canto á rodaxe da película, o director indicou que será "moi duro" ao realizarse en "minas reais" e en localizacións exteriores, como o bosque. A rodaxe farase, entre outras, nas localidades das Pontes, Santa Camba e Lousame.

"Tratarase de recrear como se traballa na época", comentou o director, para quen 'Lobos Sucios' supón "a maior oportunidade da miña vida", segundo apuntando.

Te puede interesar