Cultura

A bolboretiña do dia | Ás veces, si

Cultura

A fala

A bolboretiña do dia | Ás veces, si

(Foto: Unsplash)
photo_camera(Foto: Unsplash)

Cando un fai as cousas ás présas, ás veces engánase. Certo. 

E para non o facer, debemos coidar desas formas adverbiais con aparencia de plural: “ás veces”, “ás escuras”, “ás présas”, “ás agachadas”, “ás apalpadas”, e non calcar do castelán “a veces”, etc. 

É tan ridículo dicir en galego  “A veces chove”, como en castelán “A las veces llueve”. 

Así que a cada lingua o seu.