Bolboretiña | Ao chou e ás toas

AO CHOU E ÁS TOAS
Ooutro día faláballes das formas “a feito” e “a eito” para dicir que eran formas que nos indicaban facer as cousas seguidas ou se escoller, sen parase moito, “Plantar árbores a eito nun monte”, puña como exemplo. Hai outra locución adverbial de modo moi nosa que ten o matiz de descoido, de mala maneira, de casualidade, “ao chou” -pronuncien sempre, fagan o favor “ó”, cando vexan escrito ao, como aconsella a RAG-. “Sacaron un número ao chou do bombo e cadrou que era o da miña rifa: tocoume o xamón”. Antes, o Complexo Hospitalario de Ourense, coñecido polo seu acrónimo “Chou” prestábase a broma. “Foise operar ao chou”. Tanto lle tería, logo, dunha cousa ou doutra. En fin, agora como seica lle chaman Chuo,  Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, pois xa non hai problema. Outra forma enxebre semellante é “ás toas”, -tamén pode ser singular, “á toa”,  para indicar que algo foi feito á présa e sen reflexión. “Fai as cousas ás toas e logo pasa o que pasa”.

Te puede interesar