A bolboretiña: "Aquí vívese ben"

2020062600510563210
Os galegofalantes -e galegoescoitantes atentos- saben colocar ben o pronome. Dicimos “eu chámome Afonso” e non, claro, “eu me chamo Afonso”. Pero con determinados pronomes e con algún adverbio de lugar, debe ir antes ou despois do verbo en función do significado. Explícome con dous exemplos. Se dicimos “ti sábelo mellor ca min”, centramos o interese no verbo saber, pero se o centramos na persoa, diriamos: “Ti o sabes, eu non; non o negues”. Igual  “aquí”, con sentido difuso, non atrae: “Aquí vívese mellor ca alá”, pero se é concreto, como presentador, si: “Aquí o tes; todo para ti”. Igualmente o “agora” de neste tempo non atrae: “Agora lévase aprender alemán”, fronte ao agora de inmediatamente: “Agora cho traio”. Difícil? Nada, nadiña. Deixándose levar pola fala enxebre xa o facemos ben.

Te puede interesar