Bolboretiña | Artigos cos nomes de persoa?

Tanto nos ensinaron na escola que o uso do artigo co nome era un vulgarismo en castelán, que mesmo chegamos a crer que o é en galego. E non tal. Abofé que non. Na península ibérica, dúas das tres linguas latinas grandes, portugués e catalán, úsano sempre. E o castelán oficial considera vulgarismo unha realidade de moitos seus falantes. O galego dubida. Eu creo que igual que nos hipocorísticos non temos problema e si que o conservamos ben, tamén debe ser así nos nomes, cousa que se dá de xeito natural, no rexistro popular da lingua. Por exemplo, se eu dixese “O Manolo díxome que o Paco non tiña claro se levar o coche ó taller do Eladio ou ó do Vicente” a todos nos soaría moito mellor que sen artigos, proben “Pepe díxome que Manolo .... taller de Eladio ou de Vicente”. Non lles parece? Pois pódeno usar sempre e en calquera rexistro. Se din, “O Alberto Núñez é o presidente de Galicia, e a Ana Pontón devece por ser a primeira presidenta, estarían falando ben e non mentirían.

Te puede interesar