A bolboretiña | Bebés, nenés, cativos, picariños

undefined
Os nenos e nenas que van nacendo son hoxe, como saben, bebés. Unha palabra francesa moi recente entre nós, que imita o balbucir dos nenos moi pequenos cando ensaian a voz: bé-bé. E úsase xa nos dous xéneros, “Un bebé, unha bebé. E vai medrando e temos un meniño ou unha meniña -que os portugueses usan con ene e non eñe, menino, menina, de aí o cadro de Velázquez-, e amplía o significado a algo superquerido: “a meniña do ollo é sinónimo de pupila, tamén, como lles chamaban os romanos ás moziñas”. En fin, o máis querido, as nenas. E cando nos diriximos a estes neniños que gaguexando están aprendendo a falar, non o facemos cun “be-be”, senón  xa cun “ñé-ñé” ou “ne-né” que se consolida como “nené” palabra familiar para “neno”. Tamén é curioso que tanto o pícaro como cativo, -outras dúas palabras tamén para neniños pequenos -criaturas, máis que crianzas, en galego- teñen acepcións negativas en canto a adxectivos, pero non no substantivo. Por exemplo, “neste cativo mundo...” “Tivo unha sorte cativa” ou ben, “É un pícaro, non se pode un fiar del”.  En fin, moita palabra para pouco neno. Hai que pórse.

Te puede interesar