Bolboretiña | O que chama a atención

En castelán o que chama a atención é “llamativo”. En galego se dicimos “chamativo” estamos calcando a palabra da lingua irmán en vez de usar a máis nosa que é “rechamante”, que non existe en castelán, e que todos coñecemos e a maioría usamos. Se digo, “o vestido vermello de Julia Roberts en Pretty Woman era moi rechamante”, falo verdade. E se digo “o letreiro da Casa de las Carcasas é excesivamente rechamante”, falo ben e incluso podería intensificar a cualificación dicindo “rechamangueiro”. Hai tamén, outra palabra que soa parecido “Charramangueiro” para referirse, a algo de cores vivas, mal combinadas, propio, case, para ir feito un entroido. En fin, nas aldeas de Estremadura úsase “charramanguero” para dicir bromista, pouco serio e cousa semellante. Se cadra ten que ver con “charro”, non sei, pero entre nós, colleu o camiño das cores mal combinadas.

Te puede interesar