Bolboretiña | Coto e couto

2020110700072510941

Son palabras próximas e distantes. Coto, nun dos seus sentidos, fálanos dunha posición alta e moi visible dun monte. “Desde aquel coto de alí, vese toda a Limia”, por exemplo. Como curiosidade, en Galicia hai máis de dous mil lugares e paraxes con ese nome. Entre os concellos de Celanova, Ramirás, Quintala, Verea e Bande, 142. Entre Sandiás, Xinzo, Trasmiras, Rairiz,  0. Lóxico. A palabra coto é próxima a “picoto” -que así o recolle tamén a Academia hai en Galicia 139- aínda que tamén recolla “picouto”, dos que hai 37 no país.

E se baixamos das alturas, temos os “coutos”. Couto vén do latín “cautus”, que significaba “defendido”, e podémolo relacionar con cauto, e con acoutar. Se ben sempre que pensamos en “coutos” na historia pensamos en señores que administraban xustiza neles, tamén hoxe, o relacionamos coa caza ou de pesca, por seren zonas acoutadas ou sexa delimitadas. O noso barrio do “Couto”, era, seica, un terreo de xurisdición da catedral. Así poderiamos dicir: “Desde a cima do coto de Montealegre, vese o Couto todo”.

Te puede interesar