Cultura

Bolboretiña | Para se despedir

descarga (8)

Hai unha fórmula tradicional, moi curta, e empregada desde comezos do XIX cando menos que é “Abur”, incluso diminutivo “Aburiño”. “Abur, marcho que teño que marchar”. Seica vén do vasco agur, que procedería dun latín “augurium”, agoiro, para nós. Ou sexa desexando boa sorte, bos augurios aos que quedan. Tamén temos, claro, e compartida coas linguas irmás, a invocación a Deus: Adeus, adiós, adéu, adieu, adío...  Incluso a forma inglesa “Goodbye” é unha contración de “God be with ye”, ou sexa, “Deus sexa contigo”. Pero se é só un saúdo informal e de trámite, podemos dicir, algo informal, “Deica logo”, usando esa contracción dun “De eiquí, a logo”, ou “Ata logo” que admite claro, diminutivo “Ata loguiño”. En fin, moi esparexida xa entre case toda a mocidade mundial, é a forma italiana nada no século XIX “chao”. Vén do veneciano “s’ciao” que, era como dicir ao marchar, “escravo (de vostede)”. Parecido ao “obrigado” dos portugueses.

Ou sexa, hai varias formas cos seus matices. Os portugueses escriben a forma informal  “Tchau” e incluso teñen un diminutivo, “Tchauzinho”. “Chauciño” inda non apareceu en galego, pero quen sabe!

Te puede interesar