A fala dos vellos

A bolboretiña do día | Dobremente bonita

É moi curioso o de bolboreta. A moita xente parece que lle prestaba máis escribilo con uves. E que si, de poñer “volvoreta”, os dous uves parecerían as aliñas do insecto abríndose. Non sei se foi por isto ou por descoñecemento da orixe da palabra que se difundiu noutro tempo esa grafía. 

Así e todo, os portugueses din “borboleta” e relacionan a palabra cun latín “belbellita” -redupliación afectiva de “bellus”, de bela; como se lle chamásemos bonita-bonita-. Aínda que outros o relacionan co pó que lle cobre as aliñas. Eu non lles sei. Pero sei que leva dous bes.

Te puede interesar