A bolboretiña do día | Afeitar, rasurar, barbear 

undefined

Os tres veñen significar o mesmo, pero veñen por vías distintas. Os portugueses usan máis, como sabemos todos, un “barbear” que vén, obviamente, de barba, de cortar a barba ou as barbas. Esta forma non existe no galego do século XIX e é moi escasa no XX. "Rasurar" -relacionada con ras, rasar, poñer a nivel- é forma culta que por primeira vez usa Vicente Risco nos anos trinta do século XX. A forma máis “nosa” sen dúbida é “afeitar” que vén dun latín “affectare” -retocarse para poñerse fermoso-. De aí tamén afeites, enfeites ou enfeitarse, para poñerse guapo, porque se un corta a barba, seica está mellor. 

E fíxense que dese grupo -CT- da palabra latina era esperable en castelán -CH- (como de factum>hecho, ou de lactem>leche) pero a evolución a afeitar é a esperable en galego, como, por exemplo, nas paralelas das anteriores, feito ou leite. Daquela, permítanme dicirlles que para nada é castelanismo “afeitar”. Se queren usar outras formas úsenas, pero a máis nosa e popular -incluso para a exportación- é afeitar.

Te puede interesar