Cultura

Bolboretiña do día: O Barbaña e a Barbaña

Cultura

Cultura

Bolboretiña do día: O Barbaña e a Barbaña

Case todos os ríos teñen nomes masculinos, aínda que acaben en -a. Así, dicimos o Miño, o Tambre, pero tamén o Arnoia, o Barbaña, o Ulla... Pola contra, os nomes das comarcas ou das terras onde están eses ríos que rematan en -a, son femininos. 

Así “o Arnoia é o río principal da Arnoia, unha comarca ben rica”. “Hoxe xa non, pero antes, na Barbaña había moitas hortas, regadas, claro, polo río Barbaña”. “A Ulla esténdese entre as provincias de Coruña e Lugo”. Curioso. 

Moitas cousas son as que cambian de significado co xénero (río/ría; porto/porta, cesto/cesta...) Neste caso, o río ou a terra ao pé del.