A fala dos vellos

A bolboretiña do día | Calidade da lingua

descarga_resultado

Oín un sabio en cousas de lingua dicir un día que unha fala estaba en perigo cando se abaneaban catro cousas nela: a fonética, a gramática, a fraseoloxía propia e o sistema onomástico. Como en galego algúns din “Virá o jueves”, outros “Me dixo que non viña”, outros “Coño, que fas?” e outros “Falando en general, ós Josés chamámoslle Pepes”, pois si, a nosa abanéase. E bastante.

E a cousa é clara. Quen che ten cariño, ten que tratarte ben. Non é cousa de querer moito a unha persoa e andarlle zoscando ou faltándolle. Pois coa lingua, outro tanto. Debemos mimala e falala o mellor que saibamos. Para iso hai xa escola. 

Te puede interesar