A fala dos vellos

A bolboretiña do día | Os nomes dos sitios

descarga_resultado
Unha das características máis “de noso” é como lle chamamos aos sitios,  por iso case rimos ao ver os nomes dos lugares ao atravesar Castela... Os “nosos” son comúns, como saben, co norte de Portugal. Con 35 mil aldeas, tres mil ríos, e 6 millóns de fincas, temos, nomes a rangalleira. E estes topónimos, pódense clasificar de moitos xeitos: hidrónimos, os das augas -Miño, Arnoia- orónimos, de montes -Xurés, Rodicio- etc. Polas referencias, zoonimos, os que falan de animais (Cervantes, Vilar de vacas...) de Plantas (Liñares, Carballiño...) etc. ou por capas históricas. Os máis antigos non sabemos o que significaban -tipo Cartelle ou Limia-, os que veñen do latín para aquí , si: Muíños, Outeiro, Fontefría...  A forma de lle chamarmos desde cada lingua son os endónimos - tipo Cudeiro, London, Aranjuez, Der Hagen, Αθήνα ou 北京 ou Москва sendo estes últimos, Atenas, Peking ou Moscova. En fin os lugares coñecidos lonxe, poden ter exónimos, isto é formas distintas á que lles dan os do lugar. A maioría son parecidos –tipo Milán, Milano, Milan; ou Londres, Londra, London--  pero tamén os hai moi distintos como Deutchland, Germany, Alemaña. O irmán Portugal –para case todos así-- chámase en swahili e nalgunha outra lingua de Africa, Ureno… Os vellos navegantes portugueses dicían que viñan de “o reino”… e entenderon mal. Pasou moito. 

Te puede interesar